Portada

Esta é a portada do Blog das nenas e nenos de 5º B do colexio GRAXAL de Cambre para o curso2012-2013 que recollerá as súas aportacións.

Cada alumno ou alumna dispon dunha páxina na que se irán recollendo as distintas aportacións que cada un queira facer.

Na Portada, Enrique-o titor- irá comunicando as novidades máis destacadas ou as propostas que este faga para desenvolver nestas páxinas, polo que, cando  entremos é bo que botemos unha ollada á mesma.

PROPOSTA 1: “O Voceiro de 5ºB”

Este ano imos editar un xornal: “O Voceiro de 5ºB”. A que non sabedes quen é o director?.Pois iso, o profe. O caso é que pediu colaboradores: redactores, fotógrafos de prensa, xornalistas de rúa, corresponsais… Todos queriamos ser fotógrafos, redactores… O caso era levantar a man e berrar : Eu, eu,..! asi qeu, como sempre , Enrique quedou calado esperando que calaramos esperando que calaramos. Asi que, como estabamos moi interesados, calamos.

Hay moita crise, pouco presuposto… O de sempre!. O caso é que os xornalistas do “Voceiro de 5ºB” van ter que saber un pouco de todo e terán que pasar un proceso de selección previo, unha especie de curso no que iremos aprendendo os aspectos básicos da profesión e demostrando ao tempo que é o que facemos mellor.

O venres comezou o proceso. Enrique falounos dalgunhas cousas que tiñamos que ter en conta para publicar unha noticia. E para que non se nos esquez nada deixounos unhas pequenas instrucións que podemos consulta en calquera momento no outro blog da clase:  http://blogeducativograxal-3b.blogspot.com.es/

Chegada a hora do recreo nos organizamos para ir en busca da noticia durante o recreo. O resultado da experiencia podedes velas nas páxinas de cada un.

 

 

 

 

Leave a comment